sábado, 13 de septiembre de 2014

Formación Regular Escénica na Escola das Utopías

No vindeiro mes de outubro comeza na Escola das Utopías un Programa de Formación Regular en Artes Escénicas. Os obradoiros que poñemos á vosa disposición son os seguintes:

Luns de 20 a 22 horas. Curso de Técnicas de Improvisación Teatral, impartido por Los Duguis Impro, o grupo de impro teatral máis recoñecido a nivel galego.


Neste curso abordarán  as ferramentas  e técnicas que nos facilitan  a creación  de escenas de teatro improvisadas. Faran aflorar a creatividade e fantasía de cada un para polas ao servizo dun teatro vivo, fresco, contemporáneo e de calidade.

Los Duguis Impro son: Noemí Miranda, Marita Martínez, Marta Iglesias e Oswaldo Digón. 

Martes de 20 a 22 horas. Curso de Narrativa Breve, impartido por Carmen Conde, narradora oral, monologuista, escritora...

Neste curso afondarase en aspectos como os actantes, os tipos de narrador, os puntos de vista, as estruturas, o espazo ou o tempo... 
Mércores de 20 a 22 horas. Curso de Narración Oral (contacontos), impartido por Caxoto Contacontos, alma mater da Trastenda dos Contos. Un dos grandes referentes na narración oral galega.

O curso está orientado especialmente á narración infantil, os contacontos para nenas e nenos. Aínda así, tamén se abordará de maneira puntual a narración para adultos.

Xoves de 20 a 22 horas. Curso de Iniciación ao Teatro, impartido por Pedro Brandariz, cómico, clown, monologuista, showman galaico...

Este curso ten como obxectivo introducir no teatro a persoas sen experiencia (ou con ela), a partir do xogo escénico, dende un punto de vista moi lúdico, cómico e divertido. Ideal para persoas que lles gusta o teatro, pero que nunca "se atreveron".

Todos os cursos teñen un prezo de 30 euros ao mes. E todos os cursos comezan en outubro e rematan en maio (salvo o de Narrativa Breve que remata en decembro).

Se queres apuntarte podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a escoladasutopias@gmail.com






No hay comentarios:

Publicar un comentario