martes, 17 de julio de 2012

Risas de escándalo no Obradoiro de Risoterapia

Dende o luns 16 ato o venres 20 de Xullo desenvolvese na Escola das Utopías un Obradoiro de Risoterapia  impartido por Pedro Brandariz.

No curso están inscritas 10 alumnas/os que coa gran predisposición que traen e coas dinámicas da risa acadan enormes gargalladas. A través dos xogos e exercicios as participantes recuperan a capacidade de xogar como cando eran nenas/os e sobre todo, o optimismo vital que tanta falla fai.

Os Obradoiros de Risoterapia son unha actividade moi en boga e que a equipa da Escola das Utopías, xunto con DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais desenvolvemos por toda Galicia.

Se estades interesadas/os no vindeiros cursos da Escola das Utopías ou queres organizar algunha actividade na túa vila, aldea ou cidade non dubides en chamar ó 647.488.688.



sábado, 14 de julio de 2012

A Escola das Utopías na Cadena Ser e na Radio Galega

Aquí vos deixamos varias entrevistas que nos fixeron sobre o proxecto da Escola das Utopías. Na Cadena Ser e na Radio Galega.

A Escola das Utopías no Programa "Hoy por Hoy A Coruña" da Cadena Ser (09-07-12)
Ir a descargar
A Escola das Utopías no Programa "Un Sitio á Sombra" da Radio Galega (14-07-12)
Ir a descargar

A Escola das Utopías no Ideal Galego

Aquí vos deixamos o recorte de prensa no que A Escola das Utopías aparece no Ideal Galego. Desta volta foi polo Curso de Contacontos.


jueves, 12 de julio de 2012

Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Risoterapia

Xa está aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Risoterapia que organizamos dende A Escola das Utopías.

O Obradoiro será dinamizado por Pedro Brandariz, cómico galego que xa ten desenvolvido numerosos cursos e obradoiros deste tipo.

O prazo de inscrición remata o sábado 14 de xullo. Todas as persoas interesadas poden chamar ao 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a escoladasutopias.blogspot.com


lunes, 9 de julio de 2012

Xa comezou o Curso de Contacontos

Hoxe luns 9 de Xullo comezou no local da "Escola das Utopías" o Curso de Contacontos, impartido por Caxoto Contacontos.


Cubríronse todas as prazas dispoñibles e comezaron o curso trece alumnas e alumnos que estarán ata o próximo venres traballando de 20:00 a 22:00. 


Aprenderán as técnicas básicas da narración oral, a creación de historias, a presenza escénica, a composición e estrutura dos contos, os trucos para captar a atención das nenas e nenos ...


E para a semana comezará no mesmo espazo o Obradoiro de Risoterapia, impartido por Pedro Brandariz. Curso para o cal xa está aberto o prazo de inscrición.


Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 ou ó 981.902.772. Tamén escribindo un correo electrónico a escoladasutopias@gmail.com




lunes, 2 de julio de 2012

Xa vos podedes inscribir nos Cursos de Xullo

Dende A Escola das Utopías queremos presentarche os primeiros cursos de caracter escénico e sociocultural que imos organizar no mes de Xullo. Trátase de cursos monográficos que teñen unha duración de 10 horas, repartidas en cinco días dunha semana.

O Curso de Contacontos será impartido por Caxoto Contacontos, un dos grandes narradores orais de Galicia.O Obradoiro de Risoterapia irá a cargo dun dos cómicos galegos máis emerxente e gran experto nesta disciplina, Pedro Brandariz. E por último o Curso de Maquillaxe Infantil levarao a cabo Lorena Cambón, que ten unh gran experiencia neste eido.

Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a escoladasutopias@gmail.com



Atópanos, contáctanos, chámanos ...

Aquí che deixamos todas as formas de contactar con nós:
Por teléfono no 647.488.688 ou no 981.902.772
Por correo electrónico: escoladasutopias@gmail.com
Tamén no Facebook: A Escola das Utopías
E se queres vir ó local, para visitarnos ou facer algún dos cursos estamos na
Rúa Manuel Deschamps, Nº5. A Coruña.
(moi pretiño do cruce da Ronda de Outeiro e a rúa Peruleiro)


A Escola das Utopías. O proxecto

A Escola das Utopías é unha Asociación Cultural que nace na Coruña no ano 2012 co obxectivo primordial de ofrecer un proxecto de formación de carácter sociocultural, escénico  e artístico de calidade.

Arredor deste colectivo xiramos un grupo de profesionais interdisciplinares que poñeremos a disposición os nosos coñecementos para que todas aquelas persoas interesadas poidan formarse nos eidos citados con anterioridade.

Os nosos tres obxectivos primordiais son os seguintes:

*Que as persoas interesadas nas artes escénicas, plásticas,…  poidan realizar actividades de iniciación e descubrimento.
*Que as persoas con experiencia nos eidos artísticos poidan completar a súa formación con actividades e propostas de calidade
*Que as persoas que traballan no eido sociocultural dispoñan dunha formación específica que as e os capacite para o seu día a día.