Luns de 20 a 22 horas. Curso de Técnicas de Improvisación Teatral, impartido por Los Duguis Impro, o grupo de impro teatral máis recoñecido a nivel galego.
Neste curso abordarán as ferramentas e técnicas que nos facilitan a creación
de escenas de teatro improvisadas. Faran aflorar a creatividade e
fantasía de cada un para polas ao servizo dun teatro vivo, fresco,
contemporáneo e de calidade.
Martes de 20 a 22 horas. Curso de Narrativa Breve, impartido por Carmen Conde, narradora oral, monologuista, escritora...
Neste curso afondarase en aspectos como os actantes, os tipos de narrador, os puntos de vista, as estruturas, o espazo ou o tempo...
Mércores de 20 a 22 horas. Curso de Narración Oral (contacontos), impartido por Caxoto Contacontos, alma mater da Trastenda dos Contos. Un dos grandes referentes na narración oral galega.
O curso está orientado especialmente á narración infantil, os contacontos para nenas e nenos. Aínda así, tamén se abordará de maneira puntual a narración para adultos.
Xoves de 20 a 22 horas. Curso de Iniciación ao Teatro, impartido por Pedro Brandariz, cómico, clown, monologuista, showman galaico...
Este curso ten como obxectivo introducir no teatro a persoas sen experiencia (ou con ela), a partir do xogo escénico, dende un punto de vista moi lúdico, cómico e divertido. Ideal para persoas que lles gusta o teatro, pero que nunca "se atreveron".
Todos os cursos teñen un prezo de 30 euros ao mes. E todos os cursos comezan en outubro e rematan en maio (salvo o de Narrativa Breve que remata en decembro).
Se queres apuntarte podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a escoladasutopias@gmail.com