jueves, 18 de octubre de 2012

Globos e máis globos no Curso de Globoflexia

O luns 15 e martes 16 levouse a cabo na Escola das Utopías un Curso de Iniciación á Globoflexia, con 10 alumnas e alumnos.

Durante as catro horas que durou a acción formativa as e os participantes aprenderon unha manchea de figuras con globos, a metodoloxía para confeccionar tales figuras, trucos ...

Este foi un cursiño de iniciación para acadar uns rudimentos básicos ó cal lle seguirá nos seguintes meses algúns cursos de especialización e perfeccionamento.

O curso foi impartido por Fernando Carballido, especialista en este tipo de técnicas.



jueves, 11 de octubre de 2012

Cheo total no Curso de Comunicación Básica en Lingua de Signos

Durante toda esta semana estase a desenvolver o Curso "Comunicación Básica en Lingua de Signos" na Escola das Utopías, coa participación de catorce alumnas, e impartido por Irene Iñiguez e Gema Santos.

Neste curso, a través de dinámicas e exercicios específicos apréndense os rudimentos básicos para establecer unha comunicación na lingua de signos, que moitas persoas utilizan, especialmente a comunidade xorda.

Da mesma maneira que na aprendizaxe dun idioma nova neste curso vaise dar información funcional para poder manter un conversa: alfabeto dactilológico, léxico, principais mensaxes ...

O curso ten unha duración de 12 horas é ten un carácter de iniciación, coa pretensión de continuar nos meses seguintes con acción formativas de perfeccionamento.