sábado, 13 de septiembre de 2014

Curso de Monitoras/es de Actividades de Tempo Libre na Escola das Utopías

No vindeiro mes de outubro comezará un novo Curso de Monitoras/es de Actividades de Tempo Libre. 
Trátase dun curso con Titulación Oficial da Xunta de Galicia, requerido para moitos ámbitos socioculturais.

O curso ten unha duración de 200 horas, que se complementan cunha fase de prácticas de 150 horas.

Realizaremos o curso os venres (de 16 a 21 horas) e os sábados e domingos (de 9 a 14 e de 16 a 21 horas), comezando o 4 de outubro e rematando o 23 de novembro.

O curso ten un prezo de 275 euros que se poden pagar en dous prazos. 

O curso eminentemente práctico abordará unha formación multidisciplinar dende a animación sociocultural, a educación para a saúde, a educación ambiental, a igualdade de xénero, os xogos e a animación, as artes plásticas, o campismo, a organización de actividades, a lexislación na materia, ata as artes escénicas...

Para inscribirte podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a escoladasutopias@gmail.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario