domingo, 26 de octubre de 2014

Xa comezou o 1º Curso de Monitoras/es de Actividades de Tempo Libre na Escola das Utopías

O pasado 4 de outubro comezou na Escola das Utopías o primeiro Curso de Monitoras/es de Actividades de Tempo Libre dende que a Escola está homologada pola Xunta de Galicia. 

Nove alumnas e alumnos conforman un grupo moi activo que se está a formar en Animación e Xogos, Educación para a Saúde, Dinámica de Grupos, Educación Ambiental, Habilidades Sociais, Animación Deportiva, Lexislación, Metodoloxía Didáctica, Ocio e Discapacidade, Globoflexia, Maquillaxe, Primeiros Auxilios...

Despois dunha formación de 200 horas poderán realizar a fase práctica do curso en diferentes entidades e finalmente obter o seu título oficial.

O claustro de mestres está formado por docentes con moita experiencia no eido do tempo libre en xeral e nos módulos que imparten en particular.

Ademáis as alumnas e alumnos adquirirán unha gran formación nos grandes piares da escola, a animación, as artes escénicas e a educación ambiental.

Nas vindeiras datas ofreceremos novos cursos de monitoras/es de actividades de tempo libre, monográficos...