Arredor deste colectivo xiramos un grupo de profesionais
interdisciplinares que poñeremos a disposición os nosos coñecementos para que
todas aquelas persoas interesadas poidan formarse nos eidos citados con
anterioridade.
Os nosos tres obxectivos primordiais son os seguintes:
*Que as persoas interesadas nas artes escénicas, plásticas,…
poidan realizar actividades de
iniciación e descubrimento.
*Que as persoas con experiencia nos eidos artísticos poidan
completar a súa formación con actividades e propostas de calidade
*Que as persoas que traballan no eido sociocultural dispoñan
dunha formación específica que as e os capacite para o seu día a día.

No hay comentarios:
Publicar un comentario